PROXECTO RELINGA

Baixo este nome atopamos o interes por recuperar e dinamizar unha vella embarcación, orixinariamente chamada Rey del Mar, que se adicaba o transporte no interior da Ria de Arousa xunto co seu xemelgo o "Maravilla" que podedes ver a foto . Nos últimos anos, foi auxiliar de batea. Agora o colectivo da Escola de Navegación da ACD. Dorna, pon un marcha o proceso de recuperación e dinamización.



miércoles, 3 de febrero de 2010

RESUMEN DO FALADO

Para os que non estivechedes e por su vos interesa, ou por si non vos aclarachedes, recoller aqui o que se expresou a proposito do Rei do Mar e a súa financiación.
O proxecto esta dentro da ACD. Dorna, pero como moitas asociacións, non pode facer frente o desenbolso economico do proxecto, SOLUCIÓNS:

1º Esperar a que toque unha primitiva.
2º Buscar un mecenas que caido do ceo o pague todo.
3º Atopar un tesouro.
4º Ir amañando como poidamos e pouco a pouco xa veremos, xa veremos, digo, o remate.

Como as trés primeiras non obtiveron a confianza necesaria, adoitamos ir a pola 3ª e votarlle peito, a pregunta é: como podemos facer?

1º Vía axudas? agora non hai, esa é a realidade. Pero poden xurdir.
2º Financiación propia, a ACD. Dorna, non pode nin debe.
A 3ª vía, poderíamos chamala iniciativa popular, estó é, que quen poida colabore. A colaboración non é forzada, nin forzosa, e tampouco será publica o anonimato deberá ser garantizado. Formulas:
1ª Que quera e poida, que aporte unha ou mais cantidades de diñeiro. E debe mencionar si quere que se lle devolvan, cando o Rei do Mar poixa xenerar "riqueza", e decir a fondo perdido ou prestamo.
2ª Aportacións periodicas, comodas e asequibles para todo o mundo e vía domiciliación mensual.
As dúas solucións foron ben valoradas, a 1ª e así, quen quera e poida que aporte e xa se lle devolverá, si quere.
Matizando mais, fomos cara a 2ª. Como?:
  • Como decíamos, via domiciliación mensual.
  • De canto? pois pensamos en 10 €. Porque?, básicamente porque non é moito. A asociación permite a calquera dos seus socios acceder "libremente" o uso de un patrimonio, e iso, ben pode valer 10 € o mes.
  • Durante canto tempo?. Non está fixado, pode ser 1, 2 ou mais anos, dependerá da situación. Non se pode decir.
  • Que pasa si non podo?. Nada, non pasa nada, estas aportacións tamén son anonimas, esperamos que algún día poidas, tes outros xeitos de colaborar tamén.
  • Si non son da ACD Dorna podo colaborar?. Pois claro que sí !!! será un pracer, calquera aportación e valiosa.
  • Como e cando van sair as primeiras domiciliacións. Sairán para os da Escola, recibiredes unha carta onde se vos explica esto. Si temos a túa conta bancaria sairá a domiciliación. Si non queres ou non podes colaborar tes que decilo e repetimos NON HAI PROBLEMA.
  • Si non temos conta, pediraseche unha, si queres podes facilitala, si non, NON HAI PROBLEMA.
  • Si non eres da ACD. Dorna e queres colaborar, envianos a túa conta, serás tratado coma un mais.

Despois que vote a andar e valorando as domiciliacións acadadas ou o que e o mesmo o grao de compromiso economico de cara o proxecto, valoraremos as posibilidades de como desenvolvelo e a periodicidade. O pensado e solicitar unha poliza que permita avanzar, moitas domiciliacións, poliza mais grande. E poliza mais grande .... rematase antes e antes o Rei pode escomezar a xenerar para autofinanciarse, polo menos en parte.

Por certo, a cantidade? ... ejem, ejem, non é moito para a dimensión do proxecto, pode rondar os 70.000,00 € IVE. incluido, xa rematado, e para navegar.

O mesmo tempo buscaranse axudas das administracións e mesmo podense facer outras actividades, xa se verá.

AVANTE TODA !!