Ainda que xa dende o vran pasado o colectivo da Escola de Navegación Tradicional da Illa de Arousa, esta traballando sen pausa no proxecto, hoxe con esta benvida ponse o publico de un xeito expreso o Proxecto Relinga ou o que é o mesmo o proxecto de recuperación e dinamización do galeón Rei do Mar.
A estas alturas, o casco orixinario xa mudou de aspecto, retiraronselle os trebellos propios da actividade de auxiliar de batea, tamén a ponte e limpouse todo por dentro, tal como se informou no seu día no blogue da ACD Dorna. Agora, limpo, coa cuberta nova e un botalón do trinque, luce díante da Escola, no Bao.
Por aquí trataremos de informarvos de todo o proceso e das actividades paralelas que se desenvolvan, hai moitas ideas, ilusión non falta, agora soio esperamos un ventiño mareiro que nos leve a porto.
Todos podedes colaborar!!.
domingo, 31 de enero de 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)