PROXECTO RELINGA

Baixo este nome atopamos o interes por recuperar e dinamizar unha vella embarcación, orixinariamente chamada Rey del Mar, que se adicaba o transporte no interior da Ria de Arousa xunto co seu xemelgo o "Maravilla" que podedes ver a foto . Nos últimos anos, foi auxiliar de batea. Agora o colectivo da Escola de Navegación da ACD. Dorna, pon un marcha o proceso de recuperación e dinamización.



domingo, 31 de enero de 2010

Benvidos

Ainda que xa dende o vran pasado o colectivo da Escola de Navegación Tradicional da Illa de Arousa, esta traballando sen pausa no proxecto, hoxe con esta benvida ponse o publico de un xeito expreso o Proxecto Relinga ou o que é o mesmo o proxecto de recuperación e dinamización do galeón Rei do Mar.

A estas alturas, o casco orixinario xa mudou de aspecto, retiraronselle os trebellos propios da actividade de auxiliar de batea, tamén a ponte e limpouse todo por dentro, tal como se informou no seu día no blogue da ACD Dorna. Agora, limpo, coa cuberta nova e un botalón do trinque, luce díante da Escola, no Bao.

Por aquí trataremos de informarvos de todo o proceso e das actividades paralelas que se desenvolvan, hai moitas ideas, ilusión non falta, agora soio esperamos un ventiño mareiro que nos leve a porto.

Todos podedes colaborar!!.

1 comentario:

  1. Moi ben! Seguiremos as novas dende a distancia cando non se poida estar... Para colaborar no blogue como facemos?

    ResponderEliminar