- O barco debe ser utíl e non ser unicamente espazo para que as gaivotas pasen o tempo
- O colectivo de persóas que mes a mes aporta os 10 € voluntaria e desinteresadamente funciona e permite pensar nun futuro prometedor.
Dito esto, propuxose a debate o que o Rei navegara o próximo verán, ainda que soio fora a motor. Trás deliberacións aclaratorias e transmisoras de opinións en sentido positivo, aceptouse que o Rei do Mar fora armado de motor de cara o verán 2.011. Os fondos existentes na conta que se fixo para o barco derían para elo sen problema. Polo que xa sabedes o Rei do Mar estará operativo, agás inconvinte de ultima hora. Voluntarios da Escola xa están a traballar a percura de que o motor funcione correctamente e poida ser montado. (Temos o voluntariado que nos merecemos !!! non si?).
Tamén de cara o futuro se puxo sobre a mesa o tema da arboladura e aportouse unha nova proposta, cal?, pois que noN aparellara de cangrexa.
E como é esto? preguntouse mais de un, bueno, sinxelo, como antes se fixo, como?.
Si postos a preguntar -e xa se sabe que preguntando ... - pois dixeronnos que os galeóns antes tamén iban de relinga, certo. Alguén que mirou por internete trouxo unha fotos das "bisquines" bretonas, que bueno, podería parecerse, non sabemos. Pero ahí estamos, aparellar de cangrexa ten un orzamento hoxe por hoxe o que non se chega, pero de relinga?, temos velas, si, velas grandes, podería servirlle algunha da xeiteira ... e quen sabe o meior aparecen outras. O caso e que si se lle poñen dous paus e se axeitan as velas que temos para aparellalo de relinga o meior, o meior ... hasta este verán navegaba tamén a vela. Hai que mirar o coste a o que é convinte ... ahí están os entendidos. A Asamblea valorou positivamente esta posibilidade, pois permitiría velear o meior este verán que ven, como o vedes?.
Bueno xa estades a ver que o Rei do Mar no é somentes un pousadoiro de gaivotas, co traballo que da. O Rei do Mar está na mallante e na súa proa está no mar, navegar.
A e casi se me esquence, si non estas a recibir a cota dos 10 € mensuais e deseas facelo, ponte en contacto, así faremos mais millas no mesmo tempo.
Seica os primeiros galeóns non levaban vela cangrexa.
ResponderEliminarPois nós retomamos a tradición, que é máis económico.
Benvida sexa a resurrección do bló!
ResponderEliminarsaudinha
a.
Vale vale, teremos que ter mais frecuencia, son as cousas de ser un grupo, tomamos nota.
ResponderEliminarapertas
reidomar
Son dos que colaboran cos 10 € ainda que xa vai mais dun ano que non paso pola escola. Cando medren os rapaces terei que volver a facer o curso para poder velear.
ResponderEliminarPareceme que os 10 e estan moi ben aproveitados e son unha boa inversión.
Animo e continuade co traballo que tan ben facedes.
Saudos a todos.
Espero veros por Carril nos encontros.